Benvidos e benvidas!
Queridas familias,
Chegou o momento de afrontar o terceiro trimestre e dende a escola queremos facervos chegar o noso ánimo e felicitacións polo esforzo que estades a facer nas casas.
Sabemos que hai moitas formas de vivir e sentir nestes momentos tan inusuais en cada familia (no que cada neno ou nena en particular ten as suas necesidades lúdicas, tecnolóxicas e de obrigas en xeral).
A nosa proposta é achegarnos un pouco máis aos vosos fillos e fillas dun modo sinxelo e sen obrigas. Será unha ferramenta de comunicación, de forma virtual pero sen perder a emoción de escoitarnos e vernos, ainda que sexa dun chisco do voso tempo de confinamento. Para tal fin as mestras e os mestres de 1º e 2º de primaria fixemos un blog: "Baixo o Tellado", onde se presentarán diferentes propostas tipo "Circula".
Cada quen poderá acceder ás actividades que desexe, sempre dunha forma lúdica, globalizadora e nunca obrigada nin avaliable.
Por outra banda estamos a crear un espazo dunhas horas para cada curso onde os nenos e nenas que queiran poidan conectarse cos seus mestres e outros compañeiros nunha sala virtual para saúdar, falar e rir.
Grazas por acompañarnos nesta nova aventura tecnolóxica, animámosvos a que visitedes o noso blog e a que as rapazas e os rapaces o disfruten tanto coma nós.
As mestras e mestres do Primeiro Ciclo
Contacta aquí
Escríbenos
COLEXIO MARTÍN CODAX
Avda. Aeroporto, 734
36318 Vigo, Pontevedra
primeirociclomartincodax@gmail.com
Chámanos
(+34)986 28 80 95